Dende o 1 de Setembro de 2014 o noso centro participa nun Proxecto Europeo chamado "The method of tutoring as innovative way of
working with young people at risk of social exclusion"
O proxecto forma parte dos Proyectos de Asociaciones estratégicas orientadas al campo
de la Educación de personas adultas (KA2) e ten unha duración de 36 meses ( ata o 31-08-2017)
Coordinador do proxecto:
Akademia Kultury Informacyjnej Polonia
Integrantes:
AKDENIZ UNIVERSITY Turquía
EPAPU Berbés de Vigo España
En que consiste o proxecto?
O proxecto presenta un método educativo innovador e
integral usando a titorización
individualizada como forma de prevención
da exclusión social.
A través de entrevistas individualizadas o titor pode
avaliar as necesidades e facilitar unha intervención social tempera.
A esencia do proxecto é dar a coñecer e aplicar o
uso do traballo educativo no campo da intervención social e de prevención da
exclusión social dos mozos e das mozas.
Todo o programa ten como obxectivo o desenvolvemento da dignidade, reforzar as relacións sociais e laborais, dunha forma
individualizada coa finalidade de previr a exclusión social.