Hola a tod@s!
Benvidos as este blog!
No que trataremos de explicar que é o Portfolio Europeo das Linguas, e como e porque traballamos con el na EPAPU deVigo.
Falar do Portfolio das linguas non é unha tarefa dificil, podemos dicir moitas cousas del;
é un PORTAFOLIO ou archivador onde vamos recollendo todas as actividades que facemos relacionadas coas linguas.
é EUROPEO porque é o proxecto xeral de política linguistica do consello de Europa
é MULTILINGUE porque reflexa as nosas linguas MATERNAS e as que estamos a aprender.
é INTEGRADOR porque tratamos de traballar con todas as linguas dun xeito consensuado e común.
é unha forma de APRENDER linguas trasvasando o que aprendemos nunha lingua ás outras.
é unha forma de MOSTRAR o facemos para mellorar a nosa producción lingüística.
e no noso caso é unha forma de facelo ELECTRÓNICA e DIXITAL.
Traballar co PORTFOLIO non é unha tarefa dun curso, nin dunha etapa educativa é unha tarefa de toda a vida, porque sempre estamos aprendendo e sempre descubrimos novos xeitos de aprender.
Para empezar a traballar co PORTFOLIO seguimos as directrices da Xunta de Galicia publicadas na súa páxina http://www.edu.xunta.es/web/portfolio
e da axencia Europea OAPEE http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/portfolio.html nos que falan de datas, documentos, exemplos, xornadas e cursos.
Elaboramos distintas presentacións para explicar que é o Portfolio das Linguas nas nosas clases.
Portfolio das linguas from teteg662
Dende hai anos veñense celebrando Xornadas e Encontros nos que se presentan distintas formas de traballar co Portfolio.
Por exemplo este é un extracto da conferencia de "LAS JORNADAS GETXOLINGUAE 2006" sobre Portfolio Europeo de las lenguas por Daniel Cassany.
Dende hai anos veñense celebrando Xornadas e Encontros nos que se presentan distintas formas de traballar co Portfolio.
Por exemplo este é un extracto da conferencia de "LAS JORNADAS GETXOLINGUAE 2006" sobre Portfolio Europeo de las lenguas por Daniel Cassany.
Espero que vos animedes a investigar sobre o Portfolio e a traballar con el.
Ata pronto!