My Portfolio

My Portfolio

sábado, febrero 28, 2015

Benvidos ao mundo do Portfolio!



Hola a tod@s!
Benvidos as este blog!

No que trataremos de explicar que é o Portfolio Europeo das Linguas, e como e porque traballamos con el na EPAPU deVigo.


Falar do Portfolio das linguas non é unha tarefa dificil, podemos dicir moitas cousas del;

é un PORTAFOLIO ou archivador onde vamos recollendo todas as actividades que facemos relacionadas coas linguas.

é EUROPEO porque é o proxecto xeral de política linguistica do consello de Europa

é MULTILINGUE porque reflexa as nosas linguas MATERNAS e as que estamos a aprender.

é INTEGRADOR porque tratamos de traballar con todas as linguas dun xeito consensuado e común.

é unha forma de APRENDER linguas trasvasando o que aprendemos nunha lingua ás outras.

é unha forma de MOSTRAR o facemos para mellorar a nosa producción lingüística.

e no noso caso é unha forma de facelo ELECTRÓNICA e DIXITAL.



Traballar co PORTFOLIO non é unha tarefa dun curso, nin dunha etapa educativa  é unha tarefa de toda a vida, porque sempre estamos aprendendo e sempre descubrimos novos xeitos de aprender.

Para empezar a traballar co PORTFOLIO seguimos as directrices da Xunta de Galicia publicadas na súa páxina http://www.edu.xunta.es/web/portfolio 

e da axencia Europea OAPEE  http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/portfolio.html nos que falan de datas, documentos, exemplos, xornadas e cursos. 

Elaboramos distintas presentacións para explicar que é o Portfolio das Linguas nas nosas clases. 




Portfolio das linguas from teteg662

Dende hai anos veñense celebrando Xornadas e Encontros nos que se presentan distintas formas de traballar co Portfolio. 
Por exemplo este é un extracto da conferencia de "LAS JORNADAS GETXOLINGUAE 2006" sobre Portfolio Europeo de las lenguas por Daniel Cassany.



Espero que vos animedes a investigar sobre o Portfolio e a traballar con el. 
Ata pronto! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario