Buscar contidos
en Internet resulta abrumador. Tos tanta información ao noso alcance que moitas veces perdemos moito tempo lendo e
buscando e o final esquecemos os noso obxectivo inicial.
Se escribimos, por exemplo, en Google: Portfolio Europeo de las Lenguas, se
nos abre unha gran variedade de páxinas que nos falan do Portfolio, a súa
implantación, exemplos e moita máis información.
Desta información
nós, neste caso os profesores, seleccionamos o que nos interesa para traballar
e informarvos a vos, os nosos alumnos,e tratamos de organizala dun xeito personalizado
e difundíla de distintas formas.
Existe un termino
que denomina esta labor “curador” (ainda que na miña opinión “currador” tampouco sería unha denominación inapropiada!! ) que é unha persoa
que selecciona e filtra información de calidade, organizándoa, ( por exemplo
en Feedly, en Diigo, en Scoop-it ou en Printerest) contextualizándoa e comunicándoa en liña ( a través de Google Drive, E-mail, Twitter ou Slideshare) ou dun blog como é neste caso.
Vós tamén podedes agrupar e compartir toda a información e experiencias sobre os temas que vos interesen ou sexan relevantes para vos e os vosos compañeiros.
Se queredes máis información podedes ler os seguintes artigos:
Ou ver esta presentación.
Curation for schools from lnash
Boa sorte e bon traballo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario