My Portfolio

My Portfolio

lunes, abril 27, 2015

Creacion de ambientes persoais de aprendizaxe

O principio do curso non oíra falar do PLE antes, pouco a pouco fun avanzando no temario e fun lendo acerca das distintas ferramentas que nos ofrece Internet para seleccionar e guardar páxinas web interesantes como Diigo ou Printerest.
Destas a que maís me gustou foi a publicación de taboleiros en Printerest, de feito algún xa o utilicei para algunha das miñas clases.
Hai comunidades que nos permiten intercambiar documentos, fotos e traballos entre colegas e alumnos, como Google Sites ou Wiki Spaces. Por outra banda non son moi amiga de usar as redes sociais, asi que non participei moi activamente en grupos de Facebook ou Twitter, dos que me gusta ler o que outros publican pero a mín realmente non me gusta moito publicar.
Tamén aprendin un concepto novo, o de curador de contidos, que como comentou algún dos meus compañeiros, é algo que levamos facendo toda a vida como profesores, buscando seleccionando e gardando todo o que nos pareces susceptible de ser usado nas clases.
Como en todos os cursos pouco a pouco tratarei de poñer as cousas que máis me gustaron en práctica e ir mellorando cada dia un pouco maís.


No hay comentarios:

Publicar un comentario