O noso centro participa neste curso 2014-2015 no
Proxecto Portfolio para concienciar e axudar aos noso alumnado no só a
mellorar na aprendizaxe das linguas senón tamén a reflexionar como se produce a
súa aprendizaxe e como a poden mellorara.
Unha das condicións que debemos cumprir para
desenrolar o Proxecto oficialmente é enviar cada trimestre unha serie de
actividades elaboradas polos membros do grupo e implementadas e postas en
práctica cos nosos alumnos.
Despois de catro anos pretendemos que o Portfolio nos
axude como unha ferramenta máis e que forme parte da nosa forma de ensinar e
aprender, cada profesor ou profesora o adapta as súas necesidades e as
necesidades dos seus alumnos.
É importante subliñar que as nosas actividades non son
orixinais, nin o pretendemos; o que pretendemos é aplicar as liñas propostas no
Portfolio ás actividade diarias de clase e integralas na programación e nas
avaliacións tanto do alumnado como do profesorado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario