My Portfolio

My Portfolio

martes, mayo 19, 2015

TIPOS DE ACTIVIDADES QUE FACEMOS

Os membros deste grupo facemos unha selección dos traballos ao longo do proceso e elaboramos presentacións para que se poda ver o seu  progreso e envialos  a autoridade correspondente.

Este blog serve en certa forma de DOSSIER dos profesores, e é unha pequena mostra do que nos facemos co noso alumnado. 

  • Actividades para dar a coñecer o PORTFOLIO DAS LINGUAS e  aprender a traballar con el.
  • Actividades para dar a coñecer a diversidade lingüística que nos rodea na EPA e a os alumnado individualmente.
  • Actividades que fomenten a reflexión acerca dos estilos de aprendizaxe,  dos contidos do seu aprendizaxe, das actividades que favorecen ese aprendizaxe, como podo continuar con ese aprendizaxe dun xeito autónomo.
  • Actividades que fomentan a auto avaliación, ensinan ao aprendiz a valorar os seus coñecementos e o seu progreso no aprendizaxe da lingua.


Estas actividades son gardadas polos alumnos nos seu E-PEL, se as consideran axeitadas e están orgullosos delas.


lunes, mayo 18, 2015

Actividades do Portolio

O noso centro participa neste curso 2014-2015 no Proxecto Portfolio para concienciar e axudar aos noso alumnado no  só a mellorar na aprendizaxe das linguas senón tamén a reflexionar como se produce a súa aprendizaxe e como a poden mellorara.

Unha das condicións que debemos cumprir para desenrolar o Proxecto oficialmente é enviar cada trimestre unha serie de actividades elaboradas polos membros do grupo e implementadas e postas en práctica cos nosos alumnos. 

Despois de catro anos pretendemos que o Portfolio nos axude como unha ferramenta máis e que forme parte da nosa forma de ensinar e aprender, cada profesor ou profesora o adapta as súas necesidades e as necesidades dos seus alumnos.

É importante subliñar que as nosas actividades non son orixinais, nin o pretendemos; o que pretendemos é aplicar as liñas propostas no Portfolio ás actividade diarias de clase e integralas na programación e nas avaliacións tanto do alumnado como do profesorado.