Un dos obxectivos do
portfolio é axudar á integración, coperación e axuda entre persoas procedentes
de distintas culturas e paises, que se integran na mesma sociedade.
A lingua de cada pobo é unha marca de identidade persoal ao igual que o coñecemento de costumes,
hábitos e formas de ver o mundo. O contacto con outras persoas e pobos
enriquece ao individuo e a sociedade a que pertence.
Respecto e coñecemento deben ir unidos para evitar posturas
discriminatorias e superiores.
O noso centro conta cunha diversidade
cultural e lingüística moi ampla.
Unha gran parte se une para aprender Español e Galego como linguas integradoras na
sociedade; por outra banda, outro grupo estudan Inglés ou Francés como linguas
extranxeira.
O coñecemento das situacions culturais e
sociais da sociedade que usa a lingua que están a aprender facilita o seu
aprendizaxe, a vencer posibles prexuizos
e estereotipos.
Con estas actividades pretendemos axudar aos nosos alumnos e
alumnas a tomar conciencia da gran variedade de linguas e culturas coas que
estamos en contacto, fomentando o respecto e a tolerancia a diversidade lingüística
e cultural. E favorecendo asi o clima de convencía nas aulas e no centro.