My Portfolio

My Portfolio

sábado, noviembre 21, 2015

O Portfolio Europeo das Linguas como elemento integrador de culturas






Un dos obxectivos  do portfolio é axudar á integración, coperación e axuda entre persoas procedentes de distintas culturas e paises, que se integran na mesma sociedade.
A lingua de cada pobo é unha marca de identidade persoal  ao igual que o coñecemento de costumes, hábitos e formas de ver o mundo. O contacto con outras persoas e pobos enriquece ao individuo e a sociedade a que pertence.
Respecto e coñecemento deben ir unidos para evitar posturas discriminatorias e superiores.
O noso centro conta cunha diversidade cultural e lingüística moi ampla.
Unha gran parte se une para aprender  Español  e Galego como linguas integradoras na sociedade; por outra banda, outro grupo estudan Inglés ou Francés como linguas extranxeira.
O coñecemento das situacions culturais e sociais da sociedade que usa a lingua que están a aprender facilita o seu aprendizaxe, a vencer posibles prexuizos  e estereotipos.
Con estas actividades pretendemos axudar aos nosos alumnos e alumnas a tomar conciencia da gran variedade de linguas e culturas coas que estamos en contacto, fomentando o respecto e a tolerancia a diversidade lingüística e cultural. E favorecendo asi o clima de convencía nas aulas e no centro.






No hay comentarios:

Publicar un comentario