My Portfolio

My Portfolio

jueves, diciembre 10, 2015

A lingua de signos na EPA Berbés

No noso centro falase na lingua de signos porque temos varios alumnos que a utilizan para comunicarse entre eles e cos seus compañeiros e cos seus profesores. Para favorecer a comprensión dos conceptos nas clases contan coa axuda dunha interprete de signos, que sirve de ponte entre o que como profesores queremos dicir e o que coa lingua de signos se pode transmitir.
Foron algúns dos alumnos os que fixeron unha presentación na súa lingua coa axuda da intérprete e ensinaron signos básicos aos seus compañeiros.

Esta actividade foi valorada moi positivamente por todos. 

Tamen  se fixo unha exposición informando do Día Nacional da Lingua de Signos Española o 14 de xuño  e unha publicouse unha entrada explicativa no blog COMMUNICATING IN ENGLISH  IN ENGLISH http://teteg665.blogspot.com.es/2015_06_01_archive.html

miércoles, diciembre 09, 2015

A lingua da cociña

La lengua de la cocina from teteg662

Esta presentación de PowerPoint é o resultado do traballo que fixeron os alumnos e alumnas de español. tratando de integrar as súas culturas e idiomas co idioma e cultura que están a aprender. Grazas  a todos por colaborar e moitas grazas tamén a Carmen que tan ben os dirixiu!.




The kitchen language basic english from teteg662

Este presentación recolle os traballos de alumnos e alumnas de Ingles. Moitas grazas tamén a eles por estar sempre tan dispostos a colaborar conmigo! 

A linguas da cociña ou a cociña das linguas

A finalidade destas actividades e concienciar aos alumnos coa idea de que saber máis dunha lingua, nos axuda a aprender outras linguas.
E por outra banda, coñecer  os costumes e a cultura dun país facilítanos  a aprendizaxe da lingua.

Descritores a traballar 
Ser capaz de pedir axuda e información sobre as tarefas a realizar.
Ser capaz de escribir un texto breve con pasos  claros e sinxelos  dando información precisa para elaborar unha receita. 
Destrezas
Comprensión e expresión escrita
Obxectivos 
-         Tomar conciencia de que na aula están presentes varias linguas maternas.
-         Entender instrucións para levar a cabo unha tarefa na lingua que se esta a aprender ( Español para estranxeiros)
-         Elaboración dun receitario internacional  na lingua materna e na segunda lingua.
-         Transmitir coñecementos da lingua materna á lingua que se está a aprender.
-         Fomentar unha actitude positiva cara a lingua e a cultura doutros países.

Español para Estranxeiros
English for Beginners
            
ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS
Organización e establecemento de pautas.
Receitas na lingua materna e na segunda lingua (español)
Explicación da actividade
Traballo na aula – busca e elaboración de receitas.
Corrección por parte da profesora en Español.
Busca dunha fotografía para ilustrar a receita.
Elaboración dun libro de receitas
Publicación do traballo no blog
Posta en común
ENGLISH FOR BEGINNERS
Receitas típicas do Antroido.
Preparar unha introdución sobre a festa do Antroido en Galicia.
Receitas en español e inglés
Elaboración dunha presentación
Pedimoslle aos alumnos e alumnas que pensasen nunha receita típica do seu país e que a escribisen na súa lingua e na lingua que están a aprender ( castelán ou inglés) 

Presentando o Portfolio das Linguas nas nosas clases

Presentando o Portfolio

PRIMEIRO E SEGUNDO DE ESA
 X  GALEGO                  □ FRANCÉS
X  CASTELÁN               □ OUTRAS LINGUAS:
X INGLÉS                    
A1

Podo explicar que é o Portfolio das Linguas
Podo identificar as distintas partes do Portfolio
Podo cubrir unha grela contestando a distintas preguntas
Podo identificar as miñas necesidades no estudio das linguas
Podo establecer unha correlación entre distintas linguas



Presentar o Portfolio, que é, como traballar con él.
A utilidade do Portfolio.
Reflexionar sobre que podemos incluír no Portfolio.
Abrir un e-pel, cubrir os datos personais e a reflexión inicial sobre as linguas.



-         Presentación sobre o Portfolio na entrada do centro nun taboleiro habilitado para tal uso.
-         Elaboración dun póster coas directrices para abrir un  e-pel . GLOGSTER.
-         Material baseado en Portfolios personalizados para cubrir polo alumnado.



Primeiro de ESA / Segundo de ESA
Presentación de cómo cumprimentar  o E-pel e o seu uso de xeito autónomo.
Posta en practica nos distintos cursos.
O traballo específico consistiu en:
*      Presentación da páxina web: www.oapee.es/e-pel
*      Rexistro do alumnado do e-pel
*      Cumprimentación de:
§        Datos persoais
§        Biografía: Táboas de autoevaluación A1
Segundo de ESA
Actividade “Introducindo o Portfolio”
Reflexión sobre as linguas que coñecen , con quen as falan e onde as falan.
Debuxo do seu abano lingüístico.
As súas segundas linguas: que linguas están a aprender, por que, e como as están aprendendo.



                      Aquí podedes consultar unha mostra do noso traballo