My Portfolio

My Portfolio

miércoles, diciembre 09, 2015

A linguas da cociña ou a cociña das linguas

A finalidade destas actividades e concienciar aos alumnos coa idea de que saber máis dunha lingua, nos axuda a aprender outras linguas.
E por outra banda, coñecer  os costumes e a cultura dun país facilítanos  a aprendizaxe da lingua.

Descritores a traballar 
Ser capaz de pedir axuda e información sobre as tarefas a realizar.
Ser capaz de escribir un texto breve con pasos  claros e sinxelos  dando información precisa para elaborar unha receita. 
Destrezas
Comprensión e expresión escrita
Obxectivos 
-         Tomar conciencia de que na aula están presentes varias linguas maternas.
-         Entender instrucións para levar a cabo unha tarefa na lingua que se esta a aprender ( Español para estranxeiros)
-         Elaboración dun receitario internacional  na lingua materna e na segunda lingua.
-         Transmitir coñecementos da lingua materna á lingua que se está a aprender.
-         Fomentar unha actitude positiva cara a lingua e a cultura doutros países.

Español para Estranxeiros
English for Beginners
            
ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS
Organización e establecemento de pautas.
Receitas na lingua materna e na segunda lingua (español)
Explicación da actividade
Traballo na aula – busca e elaboración de receitas.
Corrección por parte da profesora en Español.
Busca dunha fotografía para ilustrar a receita.
Elaboración dun libro de receitas
Publicación do traballo no blog
Posta en común
ENGLISH FOR BEGINNERS
Receitas típicas do Antroido.
Preparar unha introdución sobre a festa do Antroido en Galicia.
Receitas en español e inglés
Elaboración dunha presentación
Pedimoslle aos alumnos e alumnas que pensasen nunha receita típica do seu país e que a escribisen na súa lingua e na lingua que están a aprender ( castelán ou inglés) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario