Boas tardes a todos e todas
Grazas por estar aquí neste acto de final de curso e
tamén grazas ao director por deixarnos facer esta breve presentación do
proxecto.
Vouvos falar sobre
o Proxecto "O método de titoría
individualizada como forma innovadora de
traballar con persoas novas en risco de exclusión social”
Este forma parte dos Proxectos de Asociacións
estratéxicas orientadas o campo da Educación de persoas adultas (KA2) e tivo
unha duración de 36 meses (dende o 1 -09-2014 ata o 31-08-2017).
} Coordinador do proxecto: Akademia Kultury Informacyjnej
Polonia
} Integrantes: AKDENIZ UNIVERSITY Turquía & EPAPU Berbés de Vigo (España)
O proxecto
consiste en estudar, desenvolver e poñer en práctica a titorización
individualizada co fin de previr a exclusión social e orientar ao titorizado en
distintas facetas: educativas, de relación,
sociais e laborais.
No proxecto se programaron distintas actividades, que se levaron a cabo nestes tres cursos, para implementar a titorización que
consistiron en:
◦
Formación nos
distintos países
◦
Experimentación en cada país
◦
Avaliación
A primeira
reunión tivo lugar en Polonia entre o 12
e o 15 de marzo de 2014. no palacio de Sterdyń.
• Ao que Asistiron
dúas persoas do centro.
• Estableceuse un plan de traballo no que destacamos .
–
Elaboración de presentacións
sobre o proxecto
–
Distribución
dunha enquisa e elaboración dun informe cos resultados da mesma.
–
Creación dun
blog relacionado co proxecto.
–
Establecemento
das pautas de implementación do proxecto na
EPA Berbés de Vigo
SEGUNDO
ENCONTRO:
TURQUÍA 2015 co
titulo de: Programa de formación de profesores / formadores que queren ser
titores ..
O socio turco
organizou unhas xornadas de formación e aprendizaxe realizadas
por profesores con experiencia na aplicación do método de titoría .
Todos os socios participamos activamente
nesta formación .
Asistimos a conferencias detalladas sobre temas de titoría e boas prácticas. Nas que aprendemos a reaccionar ante diferentes situacións inesperadas e xestionar algunhas dificultades.
Na terceira reunión o coordinador AKI organizou
unhas xornadas de formación en Polonia no mes de Marzo 2017 .
A cada socio se lle
asignou un día e uns temas sobre os que tiñan que traballar e elaborar unha
presentación e disertación.
O profesorado
asistente as xornadas preparamos presentacións
sobre a creatividade, a toma de decisións e a autoxestión do tempo.
Ademais o coordinador polaco organizou unha xornada no
Parlamento Polaco onde fomos invitados a falar sobre a implementación do
proxecto no noso centro.
Con respecto a esta
implementación experimental do proxecto, que tivo lugar durante estes dous últimos
cursos vaivos falar a miña compañeira CONCHA PAZO, psicóloga e orientadora do
centro, e a quen con Conchi Janeiro,
teño que agradecer moito polo seu
apoio e implicación no proxecto como coordinadoras e traballadoras na miña ausencia.
Tamén queremos
agradecer a todos os profesores que participaron como titores: Carmen, Elisa,
Guille, Damián, Luciano, Maica e
Mercedes. E a tod@s os alumnos e alumnas titorizad@s.
Discurso de CONCHA
PAZO
Decidimos formar parte deste proxecto porque pensamos que se adaptaba moi
ben as necesidades do noso alumnado . Un alumnado que acude ao centro na busca
dunha formación que lle dará acceso a outros estudos: Ciclo Formativo FP, Grao
Universitario carreira etc. De maneira que os nosos estudos son ponte para
enlazar con outros camiños da vida, e as veces coa consecución dun emprego.
Poren, a miúdo sentimos no
noso alumnado preocupación polo día a día, atopamos nalgún deles dificultades de integración social, económica
e laboral. Tais dificultades impídelles acceder e incluso coñecer os recursos
sociais dispoñibles. Creándose unha desigualdade que as veces pode convertelos
en máis vulnerables dentro do tecido social. Persoas con algunha discapacidade,
con problemas de saúde mental, mulleres vítimas de maltrato, inmigrantes,
parados de longa duración, comunidades minoritarias, até persoas sen
fogar. Como vedes estamos a falar de
persoas en risco de exclusión social.
Estudos psico-sociolóxicos confirman que para paliar e dar resposta a este
tipo de problemas é necesario restablecer redes de apoio colectivo e
individual. O programa Erasmus+ que temos implementado tratou de dar unha
resposta individualizada a unha pequena parte do alumnado que se encontraba en
esta situación, de tal xeito que se estableceu un asesoramento individual.
Para achegarnos dun xeito máis concreto ao programa , dicir que o longo de dous cursos establecéronse
algunhas relacións de asesoramento individual entre un profesor/a e un
alumno/a que se reunían semanalmente
para traballar aspectos diferentes segundo as necesidades: Habilidades básicas
para a vida, autocontrol, habilidades sociais, estratexias de aprendizaxe,
asesoramento en temas de saúde, etc.
No segundo cuadrimestre do presente ano tamén realizamos unha pequena
experiencia piloto onde unha alumna de bacharelato titorizou a outra, esta
experiencia deixou gardada unha semente que probablemente tentemos continuar no
vindeiro curso.
Establecer unha rede de axuda entre as persoas que se encontran envolvidas
dentro dunha mesma comunidade e lograr que a situación de conflito se modifique
é quizás unha das máis altas consecucións dun centro educativo como o noso.
Acadar, aínda que sexa nalgún aspecto, algo de igualdade para acceder as mesmas
oportunidades é falar de xustiza, é falar de dereitos humanos, e falar de
democracia.
A análise dos datos revela que foi unha experiencia frutífera tanto para o
alumnado que acadou parte dos obxectivos, como para o profesorado implicado que
aprendeu grandes cousas do alumnado.
Pensamos que a experiencia de aprender é unha graza dada a todo ser humano,
por iso non debemos parar de aprender toda vez que a vida tampouco vai deixar
nunca de ensinarnos.
Moitas felicidades aos que reciben titulación hoxe.