My Portfolio

My Portfolio

jueves, julio 20, 2017

Terceiro encontro: Polonia

O terceiro encontro tivo lugar en Warsovia do 27 de Marzo ao 30 de Marzo de 2017. Catro membros do claustro da EPA Berbés viaxaron a Polonia. 






Asistimos a unhas xornadas de formación nas que cada participante fixo unha presentación sobre temas relacionados coa titorización e seleccionados previamente. 



Os nosos temas trataron sobre a creatividade,
a toma de decisións e a autoxestión do tempo.

















Tamén fumos invitados a dar un discurso sobre a implementación do proxecto no noso centro nunha sala do Parlamento Polaco. Nel falamos sobre o centro, o alumnado, o profesorado, tipos de ensino, e como puxemos en práctica o proxecto.



Para concluír, tratamos de introducir una reflexión sobre a exclusión que pode ser causada pola pobreza, a marxinación social, os ideais políticos, a idade, o xénero ou a falta de formación educativa, polo que pensamos que a titoría individual é unha excelente forma de traballar con persoas en risco porque se produce unha interacción entre o titor e o mentor nun ambiente privado e amigable. Sempre debe basearse no respecto e compromiso mutuos.

Queremos dicir que a exclusión educativa ou social é tan relevante na sociedade moderna que se debe priorizar a súa prevencion con eficacia en todas as institucións políticas, sociais e educativas.

Só con respecto, educación e acceso en igualde a todas as oportunidades os humanos construír un mundo mellor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario