O noso centro é moi peculiar, xa que os alumnos non pasan tantos anos nel como nos centros ordinarios, xa comezan por a usar o E-Pel e non un portfolio físico.
Dende que comezamos a usar o Portfolio, seguimos as instrucións publicadas pola Xunta en http://www.edu.xunta.es/web/node/1650 , primeiro cubrindo unha solicitude de participación en setembro e logo remitindo cada trimestre unha selección do traballo que facemos. Ao final do curso cada centro deberá realizar unha memoria da implantación do Portfolio no centro.
No noso centro non podemos facer moitas actividades xa que o tempo de clase é moito menor que na ensinanza ordinaria. Pero tratamos de introducir unha pequena reflexión en moitas das actividades que facemos.
Por unha banda as actividades que facemos cos alumnos agrupámolas baixo as tres seccións que inclúe un Portfolio: Pasaporte, Biografía e Dossier. Así os alumnos poden aprender a reflexionar e traballar por sí mesmos e tratamos tamén de buscar actividades que lles poidan resultar útiles no seu futuro.
E por outra seleccionamos
os descritores que queremos practicar adaptándoos ás necesidades dos nosos
alumnos.
Non son actividades innovadoras nin especialmente espectaculares, pero sirvennos para que os nosos alumnos se acostumen a traballar as linguas e a reflexionar sobre o que aprenden.