My Portfolio

My Portfolio

martes, enero 20, 2015

Implementación do Portfolio na Epa Berbés de Vigo

O Portfolio das Linguas leva implantado na EPA dende o curso 2010-2011, e está resultando ser unha experiencia moi enriquecedora tanto para os alumnado como para o profesorado participante.
Pero tamén hai xustificacións legais para o seu uso: 

Segundo o que di a lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, da educación no capitulo IX sobre a educación das persoas adultas.
A educación das persoas adultas ten como finalidade levar a todos os maiores de dezaoito anos a posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Entre os obxectivos de educación de adultos cómpre destacar os que potencian:
 Desenvolver as súas capacidades persoais nos ámbitos expresivos, comunicativos, de relación interpersonal e construción do coñecemento.
Coñecer a realidade plurilingüe que os rodea e valorar a diversidade lingüística como riqueza cultural e potenciar no adulto estratexias que lle permitan a aprendizaxe cooperativa e autónoma nas linguas que están a aprender.
Así mesmo,  promover exercicios que favorezan a confianza e que loiten contra o medo ao fracaso ou ridículo. Fomentar a reflexión sobre os distintos métodos de e aprendizaxe partindo de unha presentación variada de todo tipo de textos orais e escritos, non incidindo tanto nos erros cometidos senón na consecución de obxectivos comunicativos. 
Estas son algunhas das razóns polas que cremos que o Portfolio das Linguas é axeitado para a ensinanza e aprendizaxe de linguas e en concreto para os nosos alumnos adultos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario