My Portfolio

My Portfolio

martes, enero 20, 2015

Por qué creemos que é positivo usar o Portfolio na EPA BERBÉS?

Aprender algo significa que se produce un cambio na nosa conduta ou no noso coñecemento.
Mentres que un neno aprende dun xeito intuitivo un adulto aprende dunha forma moito máis razoada e estudada.
Un adulto é critico co seu aprendizaxe e busca na maioría dos casos a utilidade do que esta a aprender.
Partindo das propias experiencias na lingua ou linguas maternas faise mais doada a aprendizaxe doutras linguas.
Cada persoa ten un xeito diferente de aprender unha lingua, a uns gustalle mais escoitar, a outros, ler ou falar. O porfolio axudanos a reflexión sobre qué nos gusta e que podemos facer para mellorar o que non nos gusta tanto e nos custa máis.
 Como adultos somos os últimos responsables do noso aprendizaxe e este depende, en gran medida da nosa vontade. Os métodos, os profesores, a nosa capacidade inflúen pero non determinan o noso progreso, o esforzo e a constancia si.
Se aprendemos a ser autónomos poderemos aproveitar moito máis as oportunidades.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario