O noso centro participa no Proxecto
Europeo Método de titoría como unha forma innovadora de traballar con
mozos en risco de exclusión social e
unha das actividades que o noso coordinador nos propuxo foi que nos
encargásemos de traducir e distribuír un cuestionario sobre métodos de traballo
con persoas en risco de exclusión social e en concreto sobre o método de
titorización.
O cuestionario foi distribuído
entre 150 persoas ( profesores, educadores, entrenadores, terapeutas ..) e
institucións (colexios, institutos, ONG, fogares de adolescentes e adultos),
universidade.etc. Cruz Roja, Fundación Cedro, Radio Ecca, CLD, IGAXES ORG Hogar
San José, Albergue Social CIES
Interesábanos obter a
maior variedade de destinarios e respostas; algunhas preguntas e enquisas foron
devoltas en branco porque as preguntas non eran axeitadas ao seu traballo
ou por descoñecemento.
A enquisa estaba dividida en tres
apartados:
Un primeiro
centrado nos participantes e nas súas experiencias:
O
participantes nesta enquisa responden a un variado rango de idade ,
predominando entre 30 e 60 anos; a meirande parte traballan en centros
relacionados coa educación, levan tempo desenvolvendo o seu traballo en
distintos postos e en formación continua.
Preguntados pola súa
experiencia con problemas de conduta podemos concluír que dependendo do tipo de
institución os enfoques cambian.
Un segundo
centrado nas institucións nas que traballan ou
coas que colaboran os participantes.
Os intereses das institucións nas
que se repartiron as enquisas son moi
variados; Por exemplo, as institucións educativas centrábanse en problemas
relacionados coas dificultades de aprendizaxe, comportamentos agresivos entre
iguais e cara os profesores e absentismo escolar. Polo que as súas actividades
e medidas van encamiñadas a solventar estes problemas.
As institucións sociais que tratan con
xente nova e adolescentes tamén estaban preocupados por estes temas e polos
referidos a adiccións. As actividades ofertadas neste caso teñen como obxectivo
axudar coa reinserción social.
Finalmente as institucións que tratan con adultos se
centraban en comportamentos violentos e agresivos, e tamén nas adiccións. Problemas
laborais e de integración social, polo que ofertan actividades relacionadas coa
busca de traballo e ofrecen información acerca de formación profesional e
consello.
Dependendo tamén do tipo de institución
propoñen traballar co titorando e co seu entorno, e outras o consideran
irrelevante, aínda que se centran en potenciar os aspectos sociais.
Un terceiro apartado centrado no método
de TITORIA coñecido pola gran maioría dos enquistados pero non tanto na titoría
individualizada, que consideran adecuada para tratar con persoas en risco
de exclusión social xa que promove a modificación de condutas partido da
liberdade dos titorizados.
Entre os problemas que se prantexan
destacan , a falta de tempo e as dificultades económicas dos centros de
traballo para implementar o método e a formación no mesmo.
Finalmente, a gran maioría estaría disposto a recibir formación mas ampla neste método, pero estan preocupados por os temas económicos e a falta de tempo para ofrecer axuda individual e pormenorizada.
Tamén consideran que os gobernos e as autoridades educativas e sociais deberían involucrase moito máis para tratar de solventar e paliar os problemas da xente en risco de exclusión social.