My Portfolio

My Portfolio

domingo, mayo 29, 2016

O Cuestionario sobre o Método de Titorización


O noso centro participa no Proxecto Europeo Método de titoría como unha forma innovadora de traballar con mozos en risco de exclusión social  e unha das actividades que o noso coordinador nos propuxo foi que nos encargásemos de traducir e distribuír un cuestionario sobre métodos de traballo con persoas en risco de exclusión social e en concreto sobre o método de titorización. 
O cuestionario foi distribuído entre 150 persoas ( profesores, educadores, entrenadores, terapeutas ..) e institucións (colexios, institutos, ONG, fogares de adolescentes e adultos), universidade.etc. Cruz Roja, Fundación Cedro, Radio Ecca, CLD, IGAXES ORG Hogar San José, Albergue Social CIES 
Interesábanos obter a maior variedade de destinarios e respostas; algunhas preguntas e enquisas foron devoltas en branco  porque as preguntas non eran axeitadas ao seu traballo ou por descoñecemento. 
A enquisa estaba dividida en tres apartados:
Un primeiro centrado nos participantes e nas súas experiencias:

O participantes nesta enquisa responden a un variado rango de idade , predominando entre 30 e 60 anos; a meirande parte traballan en centros relacionados coa educación, levan tempo desenvolvendo o seu traballo en distintos postos e en formación continua. 
Preguntados pola súa experiencia con problemas de conduta podemos concluír que dependendo do tipo de institución os enfoques cambian. 

Un segundo centrado nas institucións nas que traballan ou  coas que colaboran os participantes.
Os intereses das institucións nas que se  repartiron as enquisas son moi variados; Por exemplo, as institucións educativas  centrábanse en problemas relacionados coas dificultades de aprendizaxe, comportamentos agresivos entre iguais e cara os profesores e absentismo escolar. Polo que as súas actividades e medidas van encamiñadas a solventar estes problemas.
As institucións sociais que tratan con xente nova e adolescentes tamén estaban preocupados por estes temas e polos referidos a adiccións. As actividades ofertadas neste caso teñen como obxectivo axudar coa reinserción social.
Finalmente  as institucións que tratan con adultos se centraban en comportamentos violentos e agresivos, e tamén nas adiccións. Problemas laborais e de integración social, polo que ofertan actividades relacionadas coa busca de traballo e ofrecen información acerca de formación profesional e consello.
Dependendo tamén do tipo de institución propoñen traballar co titorando e co seu entorno, e outras o consideran irrelevante, aínda que se centran en potenciar os aspectos sociais.

Un terceiro apartado centrado no método de TITORIA coñecido pola gran maioría dos enquistados pero non tanto na titoría individualizada, que consideran adecuada para tratar con persoas en risco de exclusión social xa que promove a modificación de condutas partido da liberdade dos titorizados.
Entre os problemas que se prantexan destacan , a falta de tempo e as dificultades económicas dos centros de traballo para implementar o método e a formación no mesmo.

Finalmente, a gran maioría estaría disposto a recibir formación mas ampla neste método, pero estan preocupados por os temas económicos e a falta de tempo para ofrecer axuda individual e pormenorizada. 
Tamén consideran que os gobernos e as autoridades educativas e sociais deberían involucrase moito máis para tratar de solventar e paliar os problemas da xente en risco de exclusión social. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario