My Portfolio

My Portfolio

domingo, mayo 29, 2016

Titulo: “Sensibilización sobre persoas en situación de exclusión social”

Charla para alumnado de EBI, 3º e 4º de ESA
Duración 1h e media
Data: Luns 25 de abril
Titulo:  “Sensibilización sobre persoas en situación de exclusión social”
Poñente: Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social . CIIES
Obxectivos Xerais:
-         Xerar espazos de reflexión e sensibilización sobre a problemática social das persoas que viven na rúa.
-         Dar a coñecer o traballo que desenvolve o CIIES en colaboración cos servizos  sociais e comunitarios no campo da exclusión social
Valoración:
Os educadores propuxeron a charla dun xeito dinámico, se ben o tema tocou de cheo con alumnado que se atopa nunha situación económica preocupante, e se cabe  isto fixo que quedasen lixeiramente inhibidos.
Os temas que máis lle interesaron foron o tipo de servizos que ofrecen os servizos sociais e  en especial o CIIES.
Como sempre o alumnado amosou moi boa disposición.
Valoramos moi positivamente a disposición dos poñentes e a súa axilidade.

De cara a vindeiras intervencións consideramos necesario incidir en ofrecer información precisa sobre o tipo de servizos que un pode buscar para evitar chegar a una situación de exclusión social.


No hay comentarios:

Publicar un comentario