My Portfolio

My Portfolio

domingo, mayo 29, 2016

APRENDIENDO ESPAÑOL CON NERUDA - Actividade Portfolio 2014-2015



Con esta actividade  se combina o estudio da literatura co estudio da lingua.

Obxectivos
Mellorar a comprensión e expresión dun texto literario en español.
Ler e comentar unha selección de poemas para estudar vocabulario e estruturas gramaticais en contexto.
Ler y comprender una biografía
Traballar a lectura
Aprender a recitar

Desenvolvemento da actividade
Os alumnos de Español para estranxeiros comezaron lendo a biografía de Neruda e traballando con ela.
Despois leron e estudaron  diversos escritos sobre a época., para rematar traballando coa obra de Neruda. Aprenderon a ler e recitar poesía, acompañándoa  de imaxes e música.
Con motivo da Semana Cultural do centro fixeron unha lectura pública dunha selección de poemas acompañados dunha presentación musicada feita pola profesora. E elaborouse unha pequena película coas lecturas este día.

Español para estranxeiros e unha materia que se imparte no noso centro e que cada vez ten máis aceptación e demanda.

A maioría dos alumn@s que asisten regularmente a clase participaron neste proxecto, vencendo dificultades idiomáticas e psicolóxicas como o medo a falar en público nun idioma que se está a aprender.
Estes son algúns dos puntos cos que os alumn@s poden avaliar o seu traballo. 

  • Puedo leer un texto sencillo en verso.
  • Puedo leer una biografía sencilla de un autor literario.
  • Puedo leer textos históricos sencillos
  • Se recitar un texto en verso, entonando y dándole el ritmo adecuado.
  • Puedo identificar características de Neruda en alguno de sus poemas.
  • Puedo interpretar los poemas interpretados por mi y por mis compañeros. 

Este é un exemplo da actividade pública que se fixo para todos os alumos e alumnas do centro. A imaxe aparece difuminada para respetar a intimidade e o anónimato da alumna. 
Moitas grazas aos alumnos e alumnas de Español e moitisimas grazas a Mª José polo seu traballo e por permitirme usalo. 
Un exemplo do traballo feito ....

Graciñas unha vez mais. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario