My Portfolio

My Portfolio

jueves, diciembre 10, 2015

A lingua de signos na EPA Berbés

No noso centro falase na lingua de signos porque temos varios alumnos que a utilizan para comunicarse entre eles e cos seus compañeiros e cos seus profesores. Para favorecer a comprensión dos conceptos nas clases contan coa axuda dunha interprete de signos, que sirve de ponte entre o que como profesores queremos dicir e o que coa lingua de signos se pode transmitir.
Foron algúns dos alumnos os que fixeron unha presentación na súa lingua coa axuda da intérprete e ensinaron signos básicos aos seus compañeiros.

Esta actividade foi valorada moi positivamente por todos. 

Tamen  se fixo unha exposición informando do Día Nacional da Lingua de Signos Española o 14 de xuño  e unha publicouse unha entrada explicativa no blog COMMUNICATING IN ENGLISH  IN ENGLISH http://teteg665.blogspot.com.es/2015_06_01_archive.html

miércoles, diciembre 09, 2015

A lingua da cociña

La lengua de la cocina from teteg662

Esta presentación de PowerPoint é o resultado do traballo que fixeron os alumnos e alumnas de español. tratando de integrar as súas culturas e idiomas co idioma e cultura que están a aprender. Grazas  a todos por colaborar e moitas grazas tamén a Carmen que tan ben os dirixiu!.




The kitchen language basic english from teteg662

Este presentación recolle os traballos de alumnos e alumnas de Ingles. Moitas grazas tamén a eles por estar sempre tan dispostos a colaborar conmigo! 

A linguas da cociña ou a cociña das linguas

A finalidade destas actividades e concienciar aos alumnos coa idea de que saber máis dunha lingua, nos axuda a aprender outras linguas.
E por outra banda, coñecer  os costumes e a cultura dun país facilítanos  a aprendizaxe da lingua.

Descritores a traballar 
Ser capaz de pedir axuda e información sobre as tarefas a realizar.
Ser capaz de escribir un texto breve con pasos  claros e sinxelos  dando información precisa para elaborar unha receita. 
Destrezas
Comprensión e expresión escrita
Obxectivos 
-         Tomar conciencia de que na aula están presentes varias linguas maternas.
-         Entender instrucións para levar a cabo unha tarefa na lingua que se esta a aprender ( Español para estranxeiros)
-         Elaboración dun receitario internacional  na lingua materna e na segunda lingua.
-         Transmitir coñecementos da lingua materna á lingua que se está a aprender.
-         Fomentar unha actitude positiva cara a lingua e a cultura doutros países.

Español para Estranxeiros
English for Beginners
            
ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS
Organización e establecemento de pautas.
Receitas na lingua materna e na segunda lingua (español)
Explicación da actividade
Traballo na aula – busca e elaboración de receitas.
Corrección por parte da profesora en Español.
Busca dunha fotografía para ilustrar a receita.
Elaboración dun libro de receitas
Publicación do traballo no blog
Posta en común
ENGLISH FOR BEGINNERS
Receitas típicas do Antroido.
Preparar unha introdución sobre a festa do Antroido en Galicia.
Receitas en español e inglés
Elaboración dunha presentación
Pedimoslle aos alumnos e alumnas que pensasen nunha receita típica do seu país e que a escribisen na súa lingua e na lingua que están a aprender ( castelán ou inglés) 

Presentando o Portfolio das Linguas nas nosas clases

Presentando o Portfolio

PRIMEIRO E SEGUNDO DE ESA
 X  GALEGO                  □ FRANCÉS
X  CASTELÁN               □ OUTRAS LINGUAS:
X INGLÉS                    
A1

Podo explicar que é o Portfolio das Linguas
Podo identificar as distintas partes do Portfolio
Podo cubrir unha grela contestando a distintas preguntas
Podo identificar as miñas necesidades no estudio das linguas
Podo establecer unha correlación entre distintas linguas



Presentar o Portfolio, que é, como traballar con él.
A utilidade do Portfolio.
Reflexionar sobre que podemos incluír no Portfolio.
Abrir un e-pel, cubrir os datos personais e a reflexión inicial sobre as linguas.



-         Presentación sobre o Portfolio na entrada do centro nun taboleiro habilitado para tal uso.
-         Elaboración dun póster coas directrices para abrir un  e-pel . GLOGSTER.
-         Material baseado en Portfolios personalizados para cubrir polo alumnado.



Primeiro de ESA / Segundo de ESA
Presentación de cómo cumprimentar  o E-pel e o seu uso de xeito autónomo.
Posta en practica nos distintos cursos.
O traballo específico consistiu en:
*      Presentación da páxina web: www.oapee.es/e-pel
*      Rexistro do alumnado do e-pel
*      Cumprimentación de:
§        Datos persoais
§        Biografía: Táboas de autoevaluación A1
Segundo de ESA
Actividade “Introducindo o Portfolio”
Reflexión sobre as linguas que coñecen , con quen as falan e onde as falan.
Debuxo do seu abano lingüístico.
As súas segundas linguas: que linguas están a aprender, por que, e como as están aprendendo.



                      Aquí podedes consultar unha mostra do noso traballo 


sábado, noviembre 21, 2015

O Portfolio Europeo das Linguas como elemento integrador de culturas






Un dos obxectivos  do portfolio é axudar á integración, coperación e axuda entre persoas procedentes de distintas culturas e paises, que se integran na mesma sociedade.
A lingua de cada pobo é unha marca de identidade persoal  ao igual que o coñecemento de costumes, hábitos e formas de ver o mundo. O contacto con outras persoas e pobos enriquece ao individuo e a sociedade a que pertence.
Respecto e coñecemento deben ir unidos para evitar posturas discriminatorias e superiores.
O noso centro conta cunha diversidade cultural e lingüística moi ampla.
Unha gran parte se une para aprender  Español  e Galego como linguas integradoras na sociedade; por outra banda, outro grupo estudan Inglés ou Francés como linguas extranxeira.
O coñecemento das situacions culturais e sociais da sociedade que usa a lingua que están a aprender facilita o seu aprendizaxe, a vencer posibles prexuizos  e estereotipos.
Con estas actividades pretendemos axudar aos nosos alumnos e alumnas a tomar conciencia da gran variedade de linguas e culturas coas que estamos en contacto, fomentando o respecto e a tolerancia a diversidade lingüística e cultural. E favorecendo asi o clima de convencía nas aulas e no centro.






martes, junio 16, 2015

A lingua de signos na EPA Berbés de Vigo

¿Qué sabemos de la lengua de signos?
¿Cuánta gente sorda hay?

¿Quiénes usan la lengua de signos?
¿Todos los sordos utilizan la misma lengua de signos?



¿Cómo se fixo esta actividade?
Se lles pide a varios alumnos non oíntes que elaboren unha presentación sobre a linguaxe de signos
¿Cuánta gente sorda hay?
¿Quiénes usan la lengua de signos?
¿Todos los sordos utilizan la misma lengua de signos?
Introducción
Preparar una pequeña charla sobre la lengua de signos. Cada uno puede tratar un punto de una forma muy sencilla y rápida.
  1. Introducción general
    1. ¿Cómo dirigirse a una persona sorda?
    2. ¿Qué es lo que no se debe hacer cuando quieres contactar con una persona sorda?
  • Diferencias entre las lenguas de signos
  • Características de la lengua de signos española.
Os alumnos tamén falaron das súas linguas maternas, bielorruso e portugués, de cómo tiveron que aprender a lingua de signos española (xa que a lingua de signos non é internacional) e como están a aprender galego e inglés.
Tamén se lles pide que preparen unhas expresións básicas para ensinarlles aos seus compañeiros.

  1. Enseñar el abecedario ( la profesora ya repartirá a todos los alumnos una copia de un abecedario)
  2. ¿Cómo te llamas? Y tu apellido?  Enseña a tus compañeros a decir su nombre.
    1. Hola, ¿cómo estás?
    2. Buenos días, buenas tardes, buenas noches
  3. Los números del 1-20
¿Qué edad tienes?


OBJETIVO
Practicar lo que os proponen vuestros compañeros con la finalidad de que podáis interactuar con ellos en su propia lengua. 

Durante a sesión se sacaron fotos e gravouse vídeo; tamén se lle pediu a unha alumna e a interprete que repetisen algúns signos, con todo se fixo unha película que pode ser consultada por todos os alumnos no blog.

O final da sesión se lles pide aos alumnos que completen o seguinte cuestionario:
¿Sabes decir alguna diferencia entre la lengua de signos y la lengua oral?    Con mucha ayuda, con ayuda, sin ayuda, fácilmente
¿Sabes decir alguna característica de la lengua de signos española?
  1. ¿Sabes decir tu nombre? Con mucha ayuda, con ayuda, sin ayuda, fácilmente
  2. ¿Sabes saludar? Con mucha ayuda, con ayuda, sin ayuda, fácilmente
  3. ¿Sabes preguntar por su nombre a otra persona? Con mucha ayuda, con ayuda, sin ayuda, fácilmente
  4. ¿Sabes decir tu edad? Con mucha ayuda, con ayuda, sin ayuda, fácilmente


Que descritores quixemos traballar? 

  • Soy capaz de entender expresiones básicas y frecuentes en la lengua de signos ( nombre, edad, estado de ánimo..)
  • Soy capaz de usar formulas de saludo y despedida más común en lengua de signos.
  • Soy capaz de pedir y dar información personal en lengua de signos


E cales os obxectivos ? 
  • Integrar alumnado con discapacidade auditiva
  • Aprender  a interactuar na lingua de signos
  • Valorar o esforzo de comunicación entre oíntes e non – oíntes.



martes, mayo 19, 2015

TIPOS DE ACTIVIDADES QUE FACEMOS

Os membros deste grupo facemos unha selección dos traballos ao longo do proceso e elaboramos presentacións para que se poda ver o seu  progreso e envialos  a autoridade correspondente.

Este blog serve en certa forma de DOSSIER dos profesores, e é unha pequena mostra do que nos facemos co noso alumnado. 

  • Actividades para dar a coñecer o PORTFOLIO DAS LINGUAS e  aprender a traballar con el.
  • Actividades para dar a coñecer a diversidade lingüística que nos rodea na EPA e a os alumnado individualmente.
  • Actividades que fomenten a reflexión acerca dos estilos de aprendizaxe,  dos contidos do seu aprendizaxe, das actividades que favorecen ese aprendizaxe, como podo continuar con ese aprendizaxe dun xeito autónomo.
  • Actividades que fomentan a auto avaliación, ensinan ao aprendiz a valorar os seus coñecementos e o seu progreso no aprendizaxe da lingua.


Estas actividades son gardadas polos alumnos nos seu E-PEL, se as consideran axeitadas e están orgullosos delas.


lunes, mayo 18, 2015

Actividades do Portolio

O noso centro participa neste curso 2014-2015 no Proxecto Portfolio para concienciar e axudar aos noso alumnado no  só a mellorar na aprendizaxe das linguas senón tamén a reflexionar como se produce a súa aprendizaxe e como a poden mellorara.

Unha das condicións que debemos cumprir para desenrolar o Proxecto oficialmente é enviar cada trimestre unha serie de actividades elaboradas polos membros do grupo e implementadas e postas en práctica cos nosos alumnos. 

Despois de catro anos pretendemos que o Portfolio nos axude como unha ferramenta máis e que forme parte da nosa forma de ensinar e aprender, cada profesor ou profesora o adapta as súas necesidades e as necesidades dos seus alumnos.

É importante subliñar que as nosas actividades non son orixinais, nin o pretendemos; o que pretendemos é aplicar as liñas propostas no Portfolio ás actividade diarias de clase e integralas na programación e nas avaliacións tanto do alumnado como do profesorado. 



lunes, abril 27, 2015

Creacion de ambientes persoais de aprendizaxe

O principio do curso non oíra falar do PLE antes, pouco a pouco fun avanzando no temario e fun lendo acerca das distintas ferramentas que nos ofrece Internet para seleccionar e guardar páxinas web interesantes como Diigo ou Printerest.
Destas a que maís me gustou foi a publicación de taboleiros en Printerest, de feito algún xa o utilicei para algunha das miñas clases.
Hai comunidades que nos permiten intercambiar documentos, fotos e traballos entre colegas e alumnos, como Google Sites ou Wiki Spaces. Por outra banda non son moi amiga de usar as redes sociais, asi que non participei moi activamente en grupos de Facebook ou Twitter, dos que me gusta ler o que outros publican pero a mín realmente non me gusta moito publicar.
Tamén aprendin un concepto novo, o de curador de contidos, que como comentou algún dos meus compañeiros, é algo que levamos facendo toda a vida como profesores, buscando seleccionando e gardando todo o que nos pareces susceptible de ser usado nas clases.
Como en todos os cursos pouco a pouco tratarei de poñer as cousas que máis me gustaron en práctica e ir mellorando cada dia un pouco maís.


lunes, abril 06, 2015

O curador de contidos

Buscar contidos en Internet resulta abrumador. Tos tanta información ao noso alcance que  moitas veces perdemos moito tempo lendo e buscando e o final esquecemos os noso obxectivo inicial.
Se escribimos, por exemplo,  en Google: Portfolio Europeo de las Lenguas, se nos abre unha gran variedade de páxinas que nos falan do Portfolio, a súa implantación, exemplos e moita máis información.
Desta información nós, neste caso os profesores, seleccionamos o que nos interesa para traballar e informarvos a vos, os nosos alumnos,e  tratamos de organizala dun xeito personalizado e difundíla de distintas formas.

Existe un termino que denomina esta labor “curador” (ainda que na miña opinión “currador” tampouco sería unha denominación inapropiada!! ) que é unha persoa que selecciona e filtra información de calidade, organizándoa, ( por exemplo en  Feedly, en Diigo, en Scoop-it ou en Printerest) contextualizándoa e comunicándoa  en liña ( a través de Google Drive, E-mail, Twitter ou Slideshare) ou dun blog como é neste caso. 


Vós tamén podedes agrupar e compartir toda a información e experiencias sobre os temas que vos interesen ou sexan relevantes para vos e os vosos compañeiros. 
Se queredes máis información podedes ler os seguintes artigos: 

Ou ver esta presentación.


Curation for schools from lnash

Boa sorte e bon traballo!!


sábado, febrero 28, 2015

Benvidos ao mundo do Portfolio!



Hola a tod@s!
Benvidos as este blog!

No que trataremos de explicar que é o Portfolio Europeo das Linguas, e como e porque traballamos con el na EPAPU deVigo.


Falar do Portfolio das linguas non é unha tarefa dificil, podemos dicir moitas cousas del;

é un PORTAFOLIO ou archivador onde vamos recollendo todas as actividades que facemos relacionadas coas linguas.

é EUROPEO porque é o proxecto xeral de política linguistica do consello de Europa

é MULTILINGUE porque reflexa as nosas linguas MATERNAS e as que estamos a aprender.

é INTEGRADOR porque tratamos de traballar con todas as linguas dun xeito consensuado e común.

é unha forma de APRENDER linguas trasvasando o que aprendemos nunha lingua ás outras.

é unha forma de MOSTRAR o facemos para mellorar a nosa producción lingüística.

e no noso caso é unha forma de facelo ELECTRÓNICA e DIXITAL.



Traballar co PORTFOLIO non é unha tarefa dun curso, nin dunha etapa educativa  é unha tarefa de toda a vida, porque sempre estamos aprendendo e sempre descubrimos novos xeitos de aprender.

Para empezar a traballar co PORTFOLIO seguimos as directrices da Xunta de Galicia publicadas na súa páxina http://www.edu.xunta.es/web/portfolio 

e da axencia Europea OAPEE  http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/portfolio.html nos que falan de datas, documentos, exemplos, xornadas e cursos. 

Elaboramos distintas presentacións para explicar que é o Portfolio das Linguas nas nosas clases. 




Portfolio das linguas from teteg662

Dende hai anos veñense celebrando Xornadas e Encontros nos que se presentan distintas formas de traballar co Portfolio. 
Por exemplo este é un extracto da conferencia de "LAS JORNADAS GETXOLINGUAE 2006" sobre Portfolio Europeo de las lenguas por Daniel Cassany.



Espero que vos animedes a investigar sobre o Portfolio e a traballar con el. 
Ata pronto! 

A realidade lingüística da EPA Berbés de Vigo

Na EPA BERBÉS de Vigo hai unha gran variedade de linguas. 





Este foi un traballo realizado polas profesoras de EBI en colaboración con ESA e Bacharelato para mostrar a riqueza cultural e lingüística do centro. 

A actividade consistiu en que cada alumno fixese unha presentación oral sobre o seu país de nacemento. 

viernes, febrero 27, 2015

Cantas partes ten un Portfolio?

O Portfolio consta de tres seccións: 


  • PASAPORTE DE LINGUAS 
  • BIOGRAFÍA LINGÜÍSTICA 
  • DOSSIER 
Na sección do PASAPORTE DE LINGUAS se inclúen o perfil lingüístico, experiencias lingüísticas e culturáis (dentro e fora de clase) e Certificados e diplomas. 


Na sección da BIOGRAFÍA LINGÜÍSTICA  se inclúen 
as nosa linguas (maternas e segundas) e as linguas que nos rodean; como aprendemos esas linguas e os nosos plans de aprendizaxe. 


Na sección do DOSSIER se inclúen 
todos os traballos que fixemos (textos escritos, gravacións de audio, video..) documentos e recordos que mostras os produtos do noso avance no estudio dunha lingua. 
Pouco a pouco irémos incluíndo exemplos dos que estades a facer nas clases. 


Cantos Portfolios hay?


O Portfolio é un documento personal e intransferible. O seu dono é o encargado de actualizalo e é o responsable tomando as decisións do que se decide incluír ou non no seu dossier. 

Oficialmente existen tres tipos de Portfolios: 

  • Portfolio Infantil (de 3 a 7 anos) 
  • Portfolio Primaria (de 8 a 12 anos) 
  • Portfolio Secundaria (de 12 a 18 anos)
  • Portfolio Adultos (de 16 +)
http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/portfolio/portfolios-validados-esp.html

Cada centro e profesor utiliza o Portfolio que lle corresponde. Tamén hai 
moitos profesores e profesoras adaptan as actividades que fan ás directrices do Portfolio pero construen o seu propio modelo. Nalgúns paises eses modelos tamén son aceptados e validados. 

O PORFOLIO DAS LINGUAS COMO DOCUMENTO OFICIAL

O Portfolio é un Proxecto xeral de politica lingüística do consello de Europa.


O Portfolio é un Marco Común de referencia para as linguas:aprendizaxeensinanzaavaliación. (MCER)
 O Portfolio da unhas DIRECTRICES unificadas sobre aaprendizaxe e a ensinanza de linguas para todos os estados europeos tanto para docentes como alumn@s

Se queres ler máis podes atopar moita información neste enlace: http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/portfolio.html

martes, enero 20, 2015

Como organizamos as actividades?

O Portfolio das Linguas é un documento que acompañará ao seu dono/ dona durante todo o seu aprendizaxe; un alumno que aprenda a traballar co Portfolio en Infantil, pode seguir traballando con el en primaria, secundaria e o longo da súa vida. É responsabilidade do usuario mantelo actualizado e renovalo en cada ciclo.

O noso centro é moi peculiar, xa que os alumnos non pasan tantos anos nel como nos centros ordinarios, xa comezan por a usar o E-Pel e non un portfolio físico.

Dende que comezamos a usar o Portfolio, seguimos as instrucións publicadas pola Xunta en http://www.edu.xunta.es/web/node/1650 , primeiro cubrindo unha solicitude de participación en setembro e logo remitindo cada trimestre unha selección do traballo que facemos. Ao final do curso cada centro deberá realizar unha memoria da implantación do Portfolio no centro.

No noso centro non podemos facer moitas actividades xa que o tempo de clase é moito menor que na ensinanza ordinaria. Pero tratamos de introducir unha pequena reflexión en moitas das actividades que facemos.

Por unha banda as actividades que facemos cos alumnos agrupámolas baixo as tres seccións que inclúe un Portfolio: Pasaporte, Biografía e Dossier. Así os alumnos poden aprender a reflexionar e traballar por sí mesmos e tratamos tamén de buscar actividades que lles poidan resultar útiles no seu futuro.
E por outra seleccionamos os descritores que queremos practicar adaptándoos ás necesidades dos nosos alumnos. 
Non son actividades innovadoras nin especialmente espectaculares, pero sirvennos para que os nosos alumnos se acostumen a traballar as linguas e a reflexionar sobre o que aprenden.


Para qué serve o PORTFOLIO?

Reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe e personalizar o  traballo.
Mostrar o desenvolvemento da  aprendizaxe, mediante unha selección persoal de traballos que documenta a evolución do aprendiz.
Fomentar a planificación e monotorización por parte do aprendiz sobre o seu aprendizaxe.
Demostrar a consecución de obxectivos.

Axudar a asumir responsabilidade por parte do alumno no seu  aprendizaxe e na súa avaliación, mediante auto avaliacións, rubricas, exames e títulos.



  

Por qué creemos que é positivo usar o Portfolio na EPA BERBÉS?

Aprender algo significa que se produce un cambio na nosa conduta ou no noso coñecemento.
Mentres que un neno aprende dun xeito intuitivo un adulto aprende dunha forma moito máis razoada e estudada.
Un adulto é critico co seu aprendizaxe e busca na maioría dos casos a utilidade do que esta a aprender.
Partindo das propias experiencias na lingua ou linguas maternas faise mais doada a aprendizaxe doutras linguas.
Cada persoa ten un xeito diferente de aprender unha lingua, a uns gustalle mais escoitar, a outros, ler ou falar. O porfolio axudanos a reflexión sobre qué nos gusta e que podemos facer para mellorar o que non nos gusta tanto e nos custa máis.
 Como adultos somos os últimos responsables do noso aprendizaxe e este depende, en gran medida da nosa vontade. Os métodos, os profesores, a nosa capacidade inflúen pero non determinan o noso progreso, o esforzo e a constancia si.
Se aprendemos a ser autónomos poderemos aproveitar moito máis as oportunidades.  

Implementación do Portfolio na Epa Berbés de Vigo

O Portfolio das Linguas leva implantado na EPA dende o curso 2010-2011, e está resultando ser unha experiencia moi enriquecedora tanto para os alumnado como para o profesorado participante.
Pero tamén hai xustificacións legais para o seu uso: 

Segundo o que di a lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, da educación no capitulo IX sobre a educación das persoas adultas.
A educación das persoas adultas ten como finalidade levar a todos os maiores de dezaoito anos a posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Entre os obxectivos de educación de adultos cómpre destacar os que potencian:
 Desenvolver as súas capacidades persoais nos ámbitos expresivos, comunicativos, de relación interpersonal e construción do coñecemento.
Coñecer a realidade plurilingüe que os rodea e valorar a diversidade lingüística como riqueza cultural e potenciar no adulto estratexias que lle permitan a aprendizaxe cooperativa e autónoma nas linguas que están a aprender.
Así mesmo,  promover exercicios que favorezan a confianza e que loiten contra o medo ao fracaso ou ridículo. Fomentar a reflexión sobre os distintos métodos de e aprendizaxe partindo de unha presentación variada de todo tipo de textos orais e escritos, non incidindo tanto nos erros cometidos senón na consecución de obxectivos comunicativos. 
Estas son algunhas das razóns polas que cremos que o Portfolio das Linguas é axeitado para a ensinanza e aprendizaxe de linguas e en concreto para os nosos alumnos adultos.